A Xunta presenta ás organizacións de persoas con discapacidade a Lei autonómica de IA
venres, 16 de maio do 2025
O director da AMTEGA, Julián Cerviño, e a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, mantiveron esta mañá unha reunión cos representantes das 13 entidades que integran CERMI Galicia, a plataforma autonómica de organizacións de persoas con discapacidade. No encontro presentouse a Lei para o desenvolvemento e impulso da Intelixencia Artificial en Galicia.
Durante a sesión, Cerviño subliñou que a norma ten como obxectivo garantir que a aplicación da IA nos servizos públicos beneficie a toda a cidadanÃa sen exclusión, superando fendas dixitais vinculadas a factores económicos, de idade ou de discapacidade. A lei consagra dereitos como a transparencia, a supervisión humana, a igualdade e a tutela, e baséase en principios de universalidade e accesibilidade, con especial atención ás persoas en situación de vulnerabilidade.
O texto legal recolle medidas para previr a discriminación e corrixir posibles desviacións dos sistemas de IA, asegurando que a información sobre a súa aplicación sexa comprensible e accesible para todos os colectivos, incluÃdas as persoas con discapacidade.
Pola súa parte, Ramón Sestayo, presidente de CERMI Galicia, expuxo os desafÃos especÃficos que a incorporación da IA pode supoñer para este colectivo. En resposta, o director da AMTEGA comprometeuse a incluÃr ás persoas con discapacidade nos procesos de implantación desta tecnoloxÃa na Administración autonómica.
O acto rematou coa lectura do manifesto Por unha intelixencia artificial ética e respectuosa cos dereitos fundamentais das persoas con discapacidade, elaborado por CERMI Galicia con motivo do DÃa Nacional da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade.