O CEIP Emilio González de Cambre acollerá o martes a 3ª edición do Brexo STEAM
venres, 13 de xuño do 2025
O martes 17 de xuño celebrarase a terceira edición da Brexo STEAM, feira do coñecemento investigador, artístico e tecnolóxico impulsada polo CEIP Emilio González López (Cambre) nas súas instalacións.
A cita, que este ano vai adicada á sétima arte, o cinema, servirá novamente para que as alumnas e alumnos presenten experimentos, desafíos, obradoiros de arte, robótica e programación, ademais doutras actividades vencelladas ao concepto STEAM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemática). Desenvolverase en horario de tarde, de 16.30 a 19.30 horas.
Segundo informan do centro educativo, o evento é o produto final do traballo desenvolvido ao longo do curso grazas a participación de todo o centro dende os pequerrechos de infantil ata os maiores de 6º. Levaranse a cabo actividades diversas dende flocos de millo que saltan ata ilusións ópticas ou tarefas que mostran o inicio do cine, entre outras cousas; organizadas en diferentes stands. O alumnado será o principal protagonista encargándose de transmitir o seus coñecementos ao público visitante.
O colexio está situado na parroquia de Brexo-Lema que xunto ás de Andeiro, Bribes, Meixigo e Vigo constitúe a súa zona de influencia, no concello de Cambre.