RootedCON leva os bloqueos de LaLiga ao Constitucional
venres, 16 de maio do 2025
RootedCON, organización ligada ao ámbito da ciberseguridade, presentou un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional como resposta á decisión xudicial que avala o bloqueo de páxinas web e a restrición do acceso por parte de usuarios lexÃtimos, en favor de La Liga e Telefónica.
Segundo a entidade, a resolución ignora de maneira «sorprendente» os argumentos expostos nos recursos previos, nos que se invocaban os dereitos fundamentais á tutela xudicial efectiva e ás liberdades de expresión e información, ambos recollidos pola Constitución. RootedCON advirte dunha «deriva autoritaria» que emprega medidas xudiciais para censurar e criminalizar o acceso á rede «baixo pretextos difusos e xenéricos».
A organización lembra que leva 15 anos promovendo a liberdade, a innovación e o pensamento crÃtico en ciberseguridade, e considera inaceptable a aplicación de medidas «sen transparencia, sen proporcionalidade e sen garantÃas axeitadas». Ao seu xuÃzo, o auto xudicial establece un precedente «extremadamente perigoso» tanto para os dereitos dixitais da cidadanÃa como para o ecosistema tecnolóxico español.
No recurso presentado, RootedCON solicita a adopción de medidas cautelares que poñan freo ao que considera un «acoso constante» contra empresas e usuarios. Ademais, insta o Congreso dos Deputados a abrir un debate público e con base técnica sobre os lÃmites do control na rede, recollendo a proposta formulada recentemente polo deputado Néstor Rego.