A AELG entrega este sábado os seus galardóns anuais, incluíndo a categoría de blogs literarios
xoves, 2 de maio do 2013

- O caderno Versos e aloumiños, un dos nomeados na categoría de blogs
Esta primavera vén chea de reivindicacións da
nosa cultura e das nosas letras: o
encontro ferrolán de Poesía Salvaxe, as múltiples feiras do
libro que se están a celebrar (coa de Santiago estes días en
activo), o Día das Letras Galegas do 17 de maio ou, tamén, a festa
da nosa literatura que se celebra este sábado 4 de maio no Centro
Ágora da Coruña. Este último acontecemento, igual cós
devanditos, tamén nos colle de preto en Código Cero, por mor das
súas vertentes tecnolóxico-dixitais. A festa do 4 de maio vén da
man da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que
entregan os galardóns da cuarta edición dos seus premios. Entre as
categorías, como cada ano, inclúese a modalidade de blog literario.
Nela, están nomeados Ramón Nicolás polo seu Caderno
da crítica,
Armando Requeixo por Criticalia e Antonio García Teijeiro e Antón García-Fernández por Versos
e aloumiños.
Pero tamén hai ensaio,
poesía, narrativa, tradución, teatro, literatura infanto-xuvenil e
traxectoria xornalística. As obras gañadoras daranse a coñecer
este
sábado
Gala das Letras, “un
dos actos máis importantes na vida da asociación”,
que comezará ás 20.00 do vindeiro sábado 4 de maio no Auditorio do
Centro Ágora da Coruña.
Damos
conta de seguido dos restantes finalistas:
·
Ensaio
Como
falar e escribir en galego con corrección e fluidez,
de Carlos
Callón (Xerais)
O
labirinto da saudade,
de Luís
G. Soto (Laiovento)
Onde
o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro,
de Ramón
Nicolás (Xerais)
·
Literatura
Infanto-xuvenil
Eu,
pel,
de Teresa
González Costa (Xerais)
O
corazón de Xúpiter,
de Ledicia
Costas (Xerais)
O
neno can,
de Fina
Casalderrey e
Francisco
Castro (Galaxia)
Palabras
de auga,
de Marcos
Calveiro (Xerais)
·
Xornalismo
Cultural
Ana
Romaní
Blanca-Ana
Roig Rechou
Carme
Vidal
Fran
P. Lorenzo
Iago
Martínez
María
Solar
Moncho
Paz
Ramón
Nicolás
·
Narrativa
A
noite branca,
de Francisco
X. Fernández Naval (Xerais)
As
voces baixas,
de Manuel
Rivas (Xerais)
Morgana
en Esmelle,
de Begoña
Caamaño (Galaxia)
Tonas
de laranxa,
de María
Lorenzo Miguéns e
Manuel
Lorenzo Baleirón (Xerais)
Verde
oliva,
de Xavier
Alcalá (Galaxia)
·
Poesía
Boca
da cobra,
de Francisco
Salinas Portugal (Biblos)
Emily
on the road,
de Ramón
Blanco (Acha
Escrava Editora)
Fase
de trema,
de Lorena
Souto (Espiral
Maior)
O
silencio,
de Mario
Regueira (Xerais)
Os
ángulos da brasa,
de Manuel
Álvarez Torneiro (Factoría
K de libros)
ruído
de fondo,
de Daniel
Salgado (Xerais)
·
Teatro
Banqueiros,
de VV. AA. -Francisco
Pillado,
coordinador- (Laiovento)
Novo
teatro fantástico,
de Manuel
Lourenzo (Laiovento)
·
Tradución
Cancioneiro,
seguido das Rimas dispersas,
de Petrarca, en tradución de Darío
Xohán Cabana (Edicións
da Curuxa)
Carné
de identidade,
de Mahmud Darwix, en tradución de Moncho
Iglesias e
Samar Sabat (Barbantesa)
Gretchen,
miña nena,
de Christine Nöstlinger, en tradución Isabel
Soto (Oxford
University Press)
O
home unidimensional,
de H. Marcuse, en tradución de Jesús Saavedra (Universidade de
Santiago)
O
sentido dun final,
de Julian Barnes, en tradución de Xesús
Fraga (Rinoceronte).
Alén
destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns
outorgados pola Asemblea de socios
e socias
da AELG:
·
O
premio Mestres
e Mestras da Memoria,
de nova creación, que se concede nesta primeira edición a Manuela
Cortizo Medal e Ángel Rivas Veiga, “por
toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de
saberes e valores da nosa cultura popular tradicional”;
· O
Premio Institucións que
se concede a quen contribuíse á divulgación da lingua e cultura
galega, e que este ano será para o asociacionismo cultural
representado por aquelas asociacións que, nacidas nas décadas dos
60 e 70, aínda manteñen a súa vitalidade e activismo cultural
(Agrupación Cultural O Galo, Agrupaçom Cultural O Facho, Clube
Cultural Valle Inclán, Agrupación Cultural Auriense, Agrupación
Cultural Francisco Lanza, Agrupación Cultural Avantar, Agrupación
Cultural Alexandre Bóveda, Agrupación Cultural Lumieira, Sociedade
Cultural Medulio, Associaçom Cultural Amig@s da Cultura de
Pontevedra):
·
E
mais o Premio AELG 2013 Escritora
Galega Universal,
outorgado pola Asemblea á escritora Lídia Jorge, galardón “que
a distingue como autora que combina a excelencia literaria co
compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade
humana”.
No
transcurso da gala a AELG tamén entregará aos humoristas gráficos
Siro López Lorenzo “Siro”, Xosé Lois González Vázquez “O
Carrabouxo, Xosé Ángel Rodríguez López “Gogue”, Xosé
Carreiro Montero “Pepe Carreiro” e Xaquín Bieito Marín Formoso
“Xaquín Marín” a distinción Bos
e Xenerosos.
