Revista en papel

luns, 20 de febreiro do 2023 Marcus Fernández

Número 261 de Código Cero en PDF

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención ás novidades en innovación nas empresas e entidades galegas. Tamén abordamos os seguintes temas:
– O novo DNI dixital, dispoñíble a través da ferramenta móbil MiDNI
– Roy Saurabh destaca no CITIC as vantaxes da aprendizaxe federada para protexer a privacidade
– A Deputación de Lugo lanza unha aplicación para fomentar o emprego
– O Día das Rapazas nas TIC celebrou a súa 13ª edición
– Máis de 500 persoas participaron nas xornadas sobre ciberacoso da Deputación da Coruña
– A edición 2025 do certame de improvisación oral Enreguéifate xa ten palmarés
– David Lago, do IES Pedro Floriani, medalla de ouro na Olimpíada Informática Española
– Fernando Suárez (CPEIG) fai un chamamento para visualizar o talento TIC feminino
– Un proxecto galego de chamadas ao 112 participa na 1ª contorna de probas de IA da UE
– AMTEGA habilitará un laboratorio en ciberseguridade no edificio do CECIGA en Ourense
– Entrevistamos a Verónica Bolón, investigadora do CITIC
– O CPXG chama a compaxinar a IA coa deontoloxía e o xornalismo humano
– A RAG estrea no seu portal a serie Se canto é porque quero, encadrada na celebración das Letras
– O galego mellorará a súa presenza dixital grazas aos 10.000 fragmentos de voz do Validatón
– A Secretaría da Lingua e Feiraco impulsan unha academia virtual de música tradicional
– Cultura inviste 150.000 euros no desenvolvemento de oito novos videoxogos
– Licitado un videoxogo escolar con contidos sobre soporte vital básico

Números anteriores de Código Cero en papel

Tódolos números da edición en papel en formato PDF para a súa descarga.