A Rede CeMIT inicia hoxe un curso de deseño gráfico en 41 localidades galegas
luns, 11 de xuño do 2012

- Imaxe da aula CeMIT da Cañiza
As
aulas da Rede CeMIT de 41 localidades galegas van acoller, dende hoxe, un curso
sobre deseño gráfico de 15 horas de duración, no que se darán a coñecer as
ferramentas máis axeitadas para levar a cabo actividades creativas co ordenador,
asà como as técnicas máis empregadas no sector do deseño gráfico.
As persoas
inscritas no curso, un total de 489, empregarán o sistema de videocolaboración
para comunicarse cos seus compañeiros doutras aulas CeMIT en tempo real, a
través de imaxe, chat e compartición e control de aplicacións remotas; mentres,
noutras aulas que dispoñen dun equipamento máis avanzado (composto por un
sistema de videoconferencia e por equipos audiovisuais e multimedia), os
asistentes ás xornadas poderán desenvolver as actividades en formato presencial
ou telepresencial, dependendo de onde teña lugar o curso formativo.
A actividade
forma parte do Programa de Dinamización 2012 da Rede CeMIT da Xunta de Galicia,
no que se insiren outras xornadas formativas en torno ás novas ferramentas de
creación audiovisual, que se levarán a cabo nas vindeiras semanas e que
completarán a formación das persoas asistentes a este curso.
Trátase
de cursos sobre retoque fotográfico, sobre as funcións do community manager ou sobre streaming
de audio e vÃdeo, entre outros, tamén de 15 horas de duración, asà como de dous
máis sobre produción audiovisual e creación multimedia, dunha carga de 40 horas
lectivas.
As
persoas interesadas nestes cursos poden pedir información ou reserva de praza directamente
nas aulas CeMIT da súa localidade, chamando ao 981 552 568 ou ben na web oficial da entidade pública.
