A Universidade Popular de Ourense achegará unha manchea de cursos TIC
mércores, 24 de xullo do 2019
O
Concello
de Ourense ofrecerá, a través da Universidade Popular, unha oferta
de 140 cursos formativos en diferentes áreas, incluÃndo as
múltiples vertentes actuais das novas tecnoloxÃas da información:
redes sociais, robótica, ofimática ou fotografÃa dixital, entre
outros eidos.
Segundo
informa o Goberno local, a comisión técnica vén de seleccionar os
proxectos do ámbito da educación non formal de cara á súa
inclusión no programa 2020, no que participan 80 entidades.
Tivéronse en conta parámetros como a calidade dos proxectos, a
innovación e maila súa aplicación práctica.
Na
longa listaxe de obradoiros formativos, que
podemos consultar nun documento en PDF especÃfico, inclúense
cursos de iniciación á robótica (Safe Educación e Formación), de
introdución á mercadotecnia dixital e a plataforma Prestashop
(Captioma Galicia), de creación de contidos para YouTube e de series
de TV (Gonzalo GarcÃa Palmeiro), de fotografÃa dixital nocturna e
smartphotos con teléfonos móbiles (VÃctor Barro Casal), de
Sistemas de Información Xeográfica (Alba Dasairas Bouzada), de
redes sociais e creación de blogs e de de informática
administrativa (Delta PC), de marketing e vendas (Delfina
Franqueira), de xestión de perfÃs profesionais e empresariais en
redes sociais (Alba Aldá Lameiras), de Wordpress (Carmen Mª Rúa),
e de ofimática e factura electrónica (Pacios Ramón Informática e
Formación).
