A campaña en 3D de Dygra e Telefónica estrease tamén nas salas de cine
martes, 23 de decembro do 2008
Papá Noel, os Reis Magos
e a ovella Rita son algúns dos persoaxes protagonistas da primeira campaña
publicitaria en dixital 3D estereoscópico que Dygra Films vén de desenvolver
para os clientes de Telefónica Movistar este Nadal.
Esta campaña, da que xa
falamos con motivo da súa estrea en Código
Cero, chega agora aos cines e será emitida nun total de 34 salas de toda
España co sistema 3D. O anuncio terá unha duración de 60 segundos e nel
recrearase unha nova aventura da ovella Rita.
Nesta ocasión, os
protagonistas serán os Reis Magos, que rifan en clave de humor con Papá Noel
por desenvolver o mellor agasallo para este Nadal, é dicir, a mellor promoción
para os clientes de Movistar.
Grazas á tecnoloxía 3D
estereoscópica que desenvolve Dygra Films para esta campaña publicitaria, os
persoaxes e o obxectos cobrarán vida e parecerá, segundo os seus responsables,
“que saen da pantalla para achegarse ao
espectador”.
Os asistentes ás salas
nas que se proxectarán estes anuncios de Telefónica Movistar, recibirán uns
lentes polarizados especiais que lles permitirán visualizar correctamente a
creatividade. Con este novo sistema, o espectador recibe dúas imaxes a un mesmo
tempo, unha para cada ollo, que o cerebro interpreta e converte en tres
dimensións grazas aos devanditos lentes especiais.
Deste xeito, o
espectador pode apreciar tódolos matices e detalles que esta tecnoloxía permite
desenvolver.
O Dixital 3D
estereoscópico emprega tecnoloxía dixital punteira donde a proxección ten unha
cadencia perfecta con imaxes en alta definición.. O espectador recibe 144
imaxes por segundo en lugar dos 24 fotogramas que recibe na actualidade polo
que se sumerxe nunha nova dimensión onde os obxectos se achegan a el ata crer
poder tocalos.
Esta tecnoloxía dixital,
unida á visualización cunhas lentes polarizadas, fan que as proxeccións non
teñan, segundo os responsables da aplicación, “nada que ver coas antigas proxeccións analóxicas vistas con lentes
azuis e vermellas que provocaban mareos e dores de cabeza”.
Por outra banda, os persoaxes da produción
contan coa dobraxe de destacados actores como Anabel Alonso, que pon voz á
ovella Rita, ou dobradores de recoñecido prestixio como Iván Muelas (voz
habitual de Will Smith) no papel de Baltasar ou Pepe Mediavilla (voz de Morgan
Freeman), interpretando a Papá Noel.
