A rede de posicionamento Galileo leva caÃda dende o venres
luns, 15 de xullo do 2019
O sistema de posicionamento por satélite europeo, Galileo,
padece un incidente técnico relativo á súa infraestrutura de terra, o que levou
á interrupción
o sistema de navegación de Galileo e aos servizo de sincronización horaria,
ou sexa, que na práctica a rede de Galileo está inoperativa (coa excepción dos
servizos de busca e rescate) con
todos os seus satélites fóra de servizo (agás 2 que están en probas).
Esta alternativa europea ao GPS leva funcionando dende decembro de 2016, buscando
evitar unha dependencia de infraestruturas de fóra de Europa, pero por fortuna
os sistemas de localización que empregamos só fan uso da rede de Galileo como
apoio, xa que o
servizo leva inoperativo dende o pasado venres sen que dean unha explicación
do acontecido nin realicen unha previsión de prazos para a súa restauración, o
que está deixando a reputación desta iniciativa polo chan.
