A tecnoloxía na nube de Microsoft reúne en Madrid a máis de 3000 clientes e partners
mércores, 7 de marzo do 2012
Por segundo ano
consecutivo, Microsoft reuniu onte e hoxe en Madrid a máis de 3.000 clientes e partners nas súas xornadas Destino a nube, dedicadas a dar a
coñecer entre os pequenos e medianos empresarios as vantaxes e oportunidades
que ofrece a tecnoloxía cloud computing
para mellorar a produtividade e competitividade dos seus negocios.
Falamos do maior
evento en España dedicado a esta temática, no que Microsoft está a mostrar as
súas solucións de almacenamento na nube de xeito práctico, a partir de casos
reais de grandes empresas que xa teñen apostado por este servizo.
A compañía afirma
que “cada semana, máis de 160 empresas en
España móvense na nube grazas á
tecnoloxía de Microsoft”, unha cifra que a fai líder no mercado do cloud computing no noso Estado.
A segunda xornada
de Destino a nube, que se está a
celebrar neste intre e que se pode seguir en directo vía streaming a través da web da compañía, está orientada a
profesionais técnicos e desenvolvedores, e alberga sesións paralelas nas
que teñen lugar os lanzamentos de
produtos da compañía como System Center
2012, SQL Server 2012 RTM, Windows Server 8 beta e Visual Studio 11 beta, aos que se unirán a últimas novidades para desenvolvedores
que traballan con Windows Azure, Windows Phone e Windows
8.
