A voda real británica poderá seguirse en directo a través de YouTube e Google Earth

martes, 19 de abril do 2011 Marcus Fernández

O venres 29 de abril o Príncipe William e Catherine Middleton contraerán matrimonio en Londres, pero esta voda real non é do interese só para os británicos, senón que hai público de todo o mundo que quere seguir o evento en directo, polo que dende Google decidiron prestar certa atención ao enlace, de xeito que poderá seguirse a súa retransmisión televisiva a través da canle oficial da monarquía británica en YouTube, na que tamén poderán lerse comentarios en vivo sobre a cerimonia e incluso permitirán o seguimento da procesión nupcial a través a vista en 3D de Google Earth, tanto dende o ceo como nunha vista real, na que poderase recrear o punto de vista dos noivos durante a súa ruta á Abadía de Westminster (o que permitirá ver as casas do Parlamento, o Big Ben ou a residencia presidencial no número 10 de Downing Street.
YouTube tamén conta cun libro de visitas en The Royal Channel, facilitando que comunidade de usuarios deixe mensaxes de felicitacións á parella que celebra o seu enlace a semana que vén.


A procesión nupcial poderase seguir a través de Google Earth


A través de YouTube tamén pode felicitar o enlace á feliz parella británica