A xira dos monólogos tecnolóxico-retranqueiros de R remata esta semana en Ourense
mércores, 9 de xaneiro do 2019
Estes
días afronta a súa recta final a xira de R destinada a facer repaso
da nosa historia tecnolóxica recente, tirando partido do
significativo punto de contacto onde conflúen o humor (a nosa
retranca), por unha banda, e as tecnoloxías tan revolucionarias da
Sociedade do Coñecemento, pola outra. Estes espectáculos de
monólogos de R, que se celebran coas dúas décadas de traxectoria
da operadora galega como pano de fondo temático, rematan o seu
periplo pola nosa aterra o 11 de xaneiro a partir das 11.00 horas, no
Auditorio Municipal de Ourense (rúa da Canle 1).
Trátase,
en palabras de R, dun novo exemplo da aposta da empresa pola canteira
galega do humor, que lle serve, ademais, para facer repaso polos seus
principais acontecementos históricos agora que a operadora se atopa
mergullada nas celebracións do seu 20 aniversario.
O
evento contará coa presenza dos nosos humoristas David Amor e a
Oswaldo Digón, que presentarán un novo espectáculo con guión do
tamén monologuista e actor galego Xosé A. Touriñán. A obra,
Monólogos
R: #20anosporaquí, é, en palabras de R, “humor do país
enchido de referencias ao pasado e presente da empresa, dende os seus
inicios, cando a velocidade de Internet aínda se medía en Kbps, até
a era actual dos teléfonos intelixentes na nosa vida cotiá”.
