Apertas Gratis solicita o apoio dos internautas na súa queixa contra ONO
mércores, 11 de abril do 2007
Birnarem advertiuno en febreiro deste mesmo ano: estamos a ser testemuñas dun claro e gravÃsimo exemplo de apropiación, plaxio e asimilación (e non sei cantas cousas máis) dos sÃmbolos solidarios e desinterados dun movemento social por parte dunha empresa nada desinteresada e probablemente nin máis nin menos solidaria ca outras moitas do sector das telecomunicacións. Falamos de ONO e dunha boa parte da súa publicidade, que bebe directamente (por non dicir algo peor) das fotografÃas e dos vÃdeos postos na Rede polo colectivo Apertas Gratis, que ten presenza en todo o mundo.
A situación, vémolo en Chuza!, vén de pegar un xiro.
O dito movemento comunica que xa lle fixo chegar a Autocontrol (Asociación para a Autorregulación da Comunidade Comercial) unha reclamación coa que pode colaborar toda a comunidade internauta e que ten o seguinte gran obxectivo: acadar unha publicidade máis xusta, veraz, legal, honesta, real e responsable. Cómpre sinalar que a xestión da queixa é de balde, e que só é preciso incluÃr os nosos datos persoais. Para formalizala, é recomendable deixar un comentario neste post.
