Artigos desta sección
Novo dispositivo para a navegación 3D
Unha empresa subsidiaria de Logitech, 3D Connexion, anunciou un novo periférico que permite a navegación por espazos virtuais en tres dimensións coñecido coma o SpaceNavigator, que permitiría substituír á combinación de rato e teclas que ata o momento hai que empregar para aplicacións tridimensionais.O dispositivo contou coa colaboración de Google, de xeito que (...)
Ler máisA nova entrega de Zelda para Nintendo Wii recibe boas críticas
A aparición de novas consolas de videoxogos dirixe as miradas ós seus primeiros xogos, que son os que determinan o éxito ou o fracaso dos novos produtos de lecer electrónico, e así, xogos coma Nintendogs permitiron que a Nintendo DS se convertese na consola portátil de máis éxito da actualidade, e os de Nintendo parece que van repetir a mesma sorte coa súa (...)
Ler máisA Nintendo Wii podería ocasionar lesións
O Wall Street Journal chamou á reflexión sobre un perigo potencial que pode chegar nos vindeiros meses: as lexións por mor do uso de videoxogos.Parece algo incrible, pois se había un argumento en contra do lecer electrónico era a súa pasividade, pero resulta que á entrada no mercado do mando da Wii, sensible ó movemento, podería trasladar doenzas coma o cóbado (...)
Ler máisÁbrete de orellas (reunímonos co equipo de Escoitar.org)
O equipo de Escoitar, traballando Galiza é voz, lingua, relatos que as avoas contan ós nenos, pinga de auga nunha fonte, palabras das que nunca escoitaches falar porque nunca antes apareceron nos libros, son da fervenza. Facer un futuro para Galiza non só é crear industria senón tamén evitar que se perdan, por exemplo, os vinte termos que designan os (...)
Ler máisGears of War vende 1 millón de copias en 2 semanas
O éxito das consolas de videoxogos non se mide só polo número de unidades vendidas, senón polo éxito que acaden os seus xogos, e parece que a Xbox 360 está no bo camiño, xa que o xogo Gears of Wars podería ter vendido 1 millón de copias en só dúas semanas.O xogo permite ós usuarios tomar o papel de soldados futuristas que loitan contra unha invasión alieníxena, e o (...)
Ler máisReprodutor multimedia de só 10 mm de grosor
Nestes días chegará ó mercado chinés o reprodutor multimedia portátil MOMO, que pode marcar todo un referente no mercado, xa que só mide 10 mm de grosor, o que facilita enormemente o seu transporte.O MOMO conta cunha pantalla de 2,4 polgadas con calidade QVGA (320 x 240 píxeles.) e soporta a meirande parte dos formatos actuais, coma son os vídeos en AVI, ASF, (...)
Ler máisWidowPC vende portátiles adaptados ós videoxogos máis esixentes
A popularidade dos ordenadores portátiles fronte os sobremesa é indiscutible, pero un tipo de usuarios o teñen complicado para atopar nun portátil un equipo axeitado: os afeccionados ós videoxogos.Así, WidowPC ofrece a este tipo de consumidores portátiles Sting 517D, que teñen unhas prestacións máis que suficientes como para sacarlle rendemento cos últimos xogos (...)
Ler máisEA lanza unha tenda de descargas de videoxogos
Electronic Arts lanzou esta semana un servizo de descarga de contidos coma extras e versións de demostración dos seus xogos que tamén emprega para a venda de xogos a través da Internet.EA Link permite así que os xogadores de todo o mundo se poidan adiantar á chegada dalgúns xogos ás tendas máis próximas e que se poidan facer con eles a través da Rede. Este novo (...)
Ler máisSamsung presenta a pantalla LCD máis delgada do mundo
Samsung desenvolveu a pantalla LCD máis delgada para móbiles, cun grosor 0,07 mm. inferior ó modelo máis fino ata o momento, de xeito que xa hai pantallas de 2,1 e 2,2 polgadas cunha resolución de 240 x 320 píxeles e un contraste de 500:1 en só 0,82 mm de espesor.As novas pantallas de Samsung integraranse na nova tecnoloxía para móbiles coñecida coma i-Lens. A (...)
Ler máisToshiba lanzará tarxetas SD de 8 Gb en xaneiro
Toshiba anunciou que dará un novo paso adiante na capacidade das súas tarxetas de memoria SD, xa que dende xaneiro de 2007 venderán unidades con 8 Gb de capacidade, que soportarán a especificación de escritura de alta velocidade class 4 e poderán gravar datos a 6 Mb/seg. polo que sería unha solución axeitada para aplicacións como a gravación de (...)
Ler máis0 | ... | 14300 | 14310 | 14320 | 14330 | 14340 | 14350 | 14360 | 14370 | 14380 | ... | 14410
