Censuran un xogo en liña chinés que premiaba aos xogadores con contido erótico
martes, 23 de decembro do 2008
Un popular xogo chinés en liña coñecido como Giant, vén
de ser censurado “baixo presión do
Goberno e a opinión pública” por ofrecerlle como premio aos gañadores,
masaxes virtuais e outras esceas eróticas.
O xogo, deseñado pola empresa Shanghai Interactive Group, recibiu
o pasado 10 de decembro unha circular do Ministerio de Cultura do país oriental
ordeándolle aos programadores que “levaran
a cabo revisións e retiraran as esceas con contido pornográfico”.
A empresa responsable eliminou as polémica esceas do xogo e asemade sancionou a algúns
dos traballadores responsables de telas desenvolvido.
Giant, que saíu ao mercado en marzo deste ano, tivo moito
éxito entre os internautas chineses, que tiñan que viaxar ao pasado para recuperar
tesouros perdidos nas invasións das potencias europeas no Xapón, concretamente
nas Guerras do Opio.
