Dous de cada dez internautas que procuran vivenda na Rede decántanse polo aluguer

martes, 11 de decembro do 2007 Raquel Noya

Segundo un estudo que vén de publicar o portal inmobiliario Idealista.com, dous de cada dez galegos (20,7 por cento) que buscan casa a través de Internet, están interesados en alugar unha vivenda en troques de mercala.
Este dato foi extraído ó analizar cómo procuran casa os usuarios de Idealista.com, estudando preto de trece millóns de procuras de vivenda realizadas a través do portal en todo o territorio nacional nos meses de outubro de 2006 e 2007, chegando á conclusión de que na actualidade o 34 por cento de tódalas buscas de vivenda que rexistra o portal son de inmobles en aluguer mentres que esta porcentaxe era do 28,1 por cento fai so un ano, o que supón un incremento do 21 por cento.