empresas
Balidea prepárase para o piloto do seu asistente NETA: a compaña tecnolóxica das nosas persoas maiores
Balidea, a empresa tecnolóxica galega, vai iniciar en xuño o piloto da súa “neta” virtual, o asistente por voz para combater a soidade das persoas maiores e facilitarlles o día a día. Será unha iniciativa para probar en todos os seus detalles, nun contexto real, o asistente virtual NETA, que foi concibido para facer o máis doada e sinxela posíbel a relación da (...)
Ler máisVitae organiza en xullo a 4ª edición do seu curso sobre autocoñecemento do perfil profesional
A consultora galega Vitae achega este verán a cuarta edición dun curso que nos proporciona recursos para coñecer e calibrar as nosas capacidades e limitacións e tamén as do noso equipo de traballo, buscando sacar o mellor desa conxunción de talentos que vén a ser unha empresa. Estamos a falar do curso Autocoñecemento do perfil profesional, Psicoloxía do (...)
Ler máisTelevés asume o futuro liderando proxectos europeos de gran calibre
Ollar a listaxe de empresas patrocinadoras da onceava Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que organiza o CPEIG é ollar unha síntese da nosa referencial vangarda tecnolóxica. A punta de lanza das nosas TIC. No grupo atópase unha histórica empresa (con seis décadas de experiencia e coñecemento adquirido) que encaixa á perfección no termo “referente”. (...)
Ler máisInforhouse achega este xoves 23 unha xornada sobre a Lei Antifraude
A empresa tecnolóxica Inforhouse, con sede en Santiago e con tres décadas de experiencia en materia de consultoría avanzada e solucións informáticas de xestión, organiza este xoves 23 de marzo unha xuntanza empresarial para informar ás pemes da nosa terra dos detalles e das implicacións da nova Lei Antifraude, dos requirimentos en contabilidade e facturación (...)
Ler máisNetun proporciona a Vodafone o seu revolucionario dispositivo IoT de seguridade na estrada
A operadora Vodafone vén de acadar un acordo coa empresa galega Netun Solutions, con sede en Nigrán (Porto do Molle), para achegar aos seus clientes a conectividade e a seguridade na estrada que proporciona o dispositivo Help Flash IoT desenvolvido pola firma da nosa terra. Esta tecnoloxía, segundo salienta Vodafone, é o substituto intelixente e conectado (...)
Ler máisBalidea dá forma ao sistema de xestión de expedientes dos Servizos Sociais de Terrassa
A empresa galega Balidea, centrada no sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) achegando servizos de desenvolvemento e integración de software, vén de ser elixida polo Ajuntament de Terrassa para levar a cabo a evolución do sistema de xestión de expedientes da súa área de Servizos Sociais, un novo proxecto para a axilización e mellora da (...)
Ler máisAltia convértese en distribuidora oficial de Sitecore na Península
A través de Noesis, empresa da compañía con sede en Portugal, a firma galega Altia acadou 2025 un novo fito na súa traxectoria de crecemento ao converterse en distribuidora oficial de Sitecore en España e en Portugal. “Deste xeito, potenciamos unha colaboración iniciada en 2017 reforzando o noso compromiso coa transformación dixital na Península Ibérica”, (...)
Ler máisBalidea celebrou en familia os seus 15 anos de andaina
A firma compostelá Balidea, un dos nosos máximos referentes TIC (por produtos, por innovación, por presenza en mercados), festexou o pasado venres os seus 15 anos de traxectoria no sector tecnolóxico-dixital galego. O encontro, celebrado no Pazo do Faramello (Rois), xuntou a práctica totalidade dos/as 180 profesionais que conforman a empresa, procedentes da (...)
Ler máisCinfo presentará a súa revolucionaria tecnoloxía Tiivii na feira IBC de Amsterdam
Hoxe comeza en Amsterdam a feira IBC, edición 2019, con toda probabilidade o evento das súas características (con empresas de todo o mundo dando a coñecer os seus achados en tecnoloxías aplicadas á televisión e o lecer) máis importante e referencial de Europa. Alí atópase estes días a empresa galega Cinfo, presentando os seus innovadores sistemas para tirar (...)
Ler máisSweno será o operador virtual de móbil e fibra de El Corte Inglés
O Grupo MasMóvil e El Corte Inglés asinaron un acordo estratéxico para lanzar un operador virtual de móbil e fibra. A comercialización de servizos de telecomunicacións converxentes realizarase a través de Sweno, a marca propia de El Corte Inglés.
Ler máis0 | ... | 170 | 180 | 190 | 200 | 210 | 220 | 230 | 240 | 250 | ... | 880
