En liña as versións finais en galego de LibreOffice 3.3 e OpenOffice 3.3
venres, 28 de xaneiro do 2011

- Unha ollada a unha das funcións que pon en xogo o novo LibreOffice
Segundo nos fan saber Mancomún
e Trasno, esta semana que estamos a piques
de deixar a atrás foi especialmente prolÃfica na achega de melloras no software
libre de uso común ao servizo de labores ofimáticos. Falamos do LibreOffice e o
OpenOffice. Dáse a casualidade dupla, ademais, de que as melloras nestes
programas materialÃzanse ao mesmo tempo en cadansúa versión 3.3, e que ámbalas
dúas versións (finais e estables) están a ser traducidas á nosa lingua polo
mesmo equipo galego de promoción de código aberto, coordinado por Antón Méixome,
de Proxecto Trasno. Grazas a isto, infórmase, LibreOffice 3.3 en galego está
dispoñible para a súa descarga, mentres que a outra suite ofimática estarao en breve. Para consultar posibles dúbidas
sobre esta coincidencia e o moito que nos beneficia como usuarios TIC, cómpre
visitar o blog habilitado para dar
conta da localización ao galego de ámbalas achegas abertas.
Polo que respecta ao LibreOffice 3.3, dicir
que a liberación estable e definitiva desta nova versión foi anunciada o pasado
25 de xaneiro, adiantándose a comunidade open
source aos prazos previstos, en medida grazas a un notable medre na cifra
de membros da propia comunidade de desenvolvedores, que pasou de 20 a máis de
100. Segundo conta Mancomún, o éxito de LibreOffice 3.3 reflicte os seguintes
puntos salientables:
· Conseguiuse unha comunidade de
desenvolvedores máis independente, autónoma e eficaz.
· Acadouse un código fonte mellor revisado, ao
tempo que unha base máis sólida para as melloras e incorporacións que están por
vir.
· O programa de instalación de Windows
integrouse nunha soa estrutura, reducÃndose o tamaño dos sitios de descarga.
Amais do devandito, e das funcionalidades que
tamén lle son propias ao OpenOffice (comparten unha boa parte das utilidades),
LibreOffice 3.3 tamén achega unha serie de recursos exclusivos, como a
posibilidade de importar e operar con ficheiros SVG, o que permite deseñar
páxinas de tÃtulo ou portadas, entre outras cousas. Asemade, incorpora unha
ergonomÃa mellorada en Calc para a xestión de follas e de celas, amais de
filtros para a importancia de documentos de Microsoft Works e Lotus Word Pro.
Na web da
ferramenta podemos ver xa tódalas funcións da nova versión explicadas en
detalle.
Polo que atinxe a OpenOffice 3.3, dicir que
fornece á comunidade de usuarios dunha serie de interesantes novidades, entre
as que Mancomún sinala as seguintes:
· Novo tratamento personalizado de
propiedades.
· Incorporación de tipos de letra estándar
para PDF en documentos PDF.
· Nova tipografÃa Liberation Narrow.
· Aumento da protección dos documentos no
Writer e Calc.
· DÃxitos decimais automáticos para o formato
"Xeral" no Calc.
· 1 millón de liñas nunha folla de cálculo.
· Novas opcións de importación de CSV no Calc.
· Inserción de obxectos de deseño en gráficas.
· Etiquetas xerárquicas nos eixes nas
gráficas, melloras na manipulación do esquema da diapositiva no Impress, unha
interface de impresión nova e máis doada de usar, máis opcións para cambiar as
maiúsculas e minúsculas, etc...
