Artigos desta sección
O Nokia N810 WiMAX Edition comezará a venderse no verán
Cumprindo co agardado, Nokia anunciou unha nova versión do seu N810 que incorpora contectividade WiMAX pensando no espallamento deste tipo de redes sen fíos nos EE.UU., onde se comezará a vender este MID este verán. O Nokia N810 é un dispositivo cunha pantalla táctil de 4,13 polgadas, un teclado deslizante QWERTY, unha webcam integrada, navegador web baseado (...)
Ler máisO Everex CloudBook Max incorpora conectividade WiMAX
Everex é un dos fabricantes que conta con equipos alternativos ó Asus Eee PC, e agora parece que lle colle a dianteira á súa competencia co novo CloudBook Max, que contará cun procesador VIA C7-M ULV, unha pantalla de 8,9 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, Bluetooth, Wi-Fi, Ethernet, GPS, webcam de 2 Mpíxeles, disco duro de 80 Gb, 1 Gb de RAM (...)
Ler máisNova sintonizadora AverTV Volar MAX
AverMedia presentou nos EE.UU. a nova sintonizadora de televisión híbrida AverTV Volar MAX, que xunta nun único dispositivo USB radio FM, televisión analóxica e televisión en alta definición, compatible con Microsoft Media Center. O dispositivo permite converter un ordenador sobremesa ou portátil nun centro de lecer electrónico, que destaca especialmente por (...)
Ler máisAmplificador portátil de telefonía móbil
Para axudar a superar os problemas coa cobertura do móbil MoGo lanza Cell Ranger, un repetidor móbil portátil que pode funcionar conectado a un ordenador por USB ou ó acendedor do coche. O Cell Ranger é un amplificador intelixente que mellora a forza do sinal telefónico, permitindo mellorar as chamadas de voz e as comunicacións de datos (para quen se conecte (...)
Ler máisAiris renova a súa gama de ordenadores Xtreme, deseñados para xogar
A firma de informática e electrónica de consumo, Airis, vén de renovar a súa gama Xtreme de ordenadores portátiles e de sobremesa, pensada especificamente para os usuarios de xogos e profesionais da edición por contar cunhas características técnicas moi específicas que garanten “o alto rendemento dos equipos” cando se empregan xogos 3D ou programas de deseño e de (...)
Ler máisPunto de acceso Wi-Fi que se conecta á Rede mediante móbiles 3G
Para os usuarios móbiles que precisen de acceso á Internet Cradlepoint comercializa o seu PHS300, que é un pequeno dispositivo que funciona coma punto de acceso Wi-Fi e que se conecta á Rede valéndose dun móbil 3G con conectividade USB (ou directamente cun modem USB). Deste xeito se pode compartir a conexións dun móbil entre varios ordenadores con Wi-Fi. O (...)
Ler máisNovo rato con lector de pegadas dixitais
Chinavision está a vender un novo rato informático USB con 3 botóns e un sensor óptico de 800 dpi que integra un lector de pegadas dixitais, de xeito que, aparte de para o seu uso habitual, se pode empregar para encriptar ficheiros e unidades de disco completas ou identificarse en Windows e páxinas web usando o noso (...)
Ler máisNovo receptor de televisión móbil de Motorola
Motorola anunciou un novo reprodutor portátil de televisión móbil baixo o estándar DVB-H (que vén de ser recoñecido coma oficial en Europa), o Motorola DH02, que tamén incorpora un receptor GPS (complementado por mapas de Tele Atlas), canle de retorno a través de HSDPA/GPRS (para contidos interactivos) e unha pantalla táctil con resolución WQVGA con función de (...)
Ler máisMicrosoft presenta un rato sen fíos máis ecolóxico
A firma do magnate multimillonario Bill Gates semella estar un tanto preocupada polos efectos do cambio climático no planeta (ou, unha vez máis, polo volume da súa carteira) e vén de apostar por un rato recargable que reduce o consumo de batería a máis de un 80 por cento ó longo de tres anos de uso. Este novo dispositivo presentado por Microsoft faise (...)
Ler máisO reprodutor con pantalla panorámica Onda VX767
No mercado hai multitude de reprodutores multimedia portátiles con grandes prestacións, pero na meirande parte dos casos presentan unha relación de aspecto de 4:3 cando moitos dos contidos actuais (especialmente en películas e series de televisión) están en formato 16:9, polo que para atender esta demanda sae o Onda VX767, que na súa pantalla panorámica de (...)
Ler máis0 | ... | 6590 | 6600 | 6610 | 6620 | 6630 | 6640 | 6650 | 6660 | 6670 | ... | 7050
