IBM presenta un ordenador do tamaño dun gran de sal
luns, 19 de marzo do 2018
Hoxe comeza en Las Vegas o encontro Think 2018 organizado por IBM, no
que o xigante azul amosa algúns dos seus grandes avances dirixidos a conducir a
innovación nos vindeiros anos entre os que está a chamar a atención o que poderÃa
ser o ordenador máis cativo
do mundo, que serÃa máis pequeno que un gran de sal e terÃa a potencia dun procesador
x86 de 1990, o que non é unha capacidade abraiante, pero serÃa máis que abondo
para labores de monitorización, análise, comunicación en incluso procesamento
de datos que, grazas ao seu reducido tamaño e prezo reducido (comentan que a
súa fabricación custarÃa menos de 10 céntimos) poderÃan integrarse en paquetes
para rastrexar os seus desprazamentos e garantir a autenticidade dos produtos
(para o que incluso traballarÃan en combinación con tecnoloxÃas blockchain).
IBM confÃa en que estes diminutos procesadores poidan integrarse en obxectos de
uso diario, e aÃnda que polo momento estamos ante prototipos, parecen estar
bastante preto de converterse en produtos comerciais.
