Microsoft lanza a versión móbil de MSN
luns, 31 de marzo do 2008
MSN.es, o portal de contidos de Microsoft que en España conta con máis de 6 millóns de usuarios, xa ten a súa versión móbil dende a que os usuarios poderán acceder a noticias, enquisas e aos servizos de Windows Live como o correo Hotmail, os blogs de Spaces ou o Messenger ó igual que o viñan facendo dende os seus ordenadores.
A web foi totalmente redeseñada para adaptarse dun xeito máis cómodo ás pantallas dos móbiles de xeito que os usuarios poidan acceder “rapidamente” a tódolos contidos.
Os seus creadores apuntan que, entre outras cousas, o novo deseño inclúe as seguintes características: “doado acceso e navegación pola Rede, web optimizada para pantallas do móbil, familiaridade con MSN e accesibilidade dende calquera momento e lugar”.
A pantalla do móbil, tamén denominada polos responsables de marketing da empresa como “a terceira pantalla” irrompe con forza na oferta de Microsoft Digital Advertising Solutions para os anunciantes que non queren perder un target que se comunica maioritariamente mediante o terminal, a través de ScreenTonic, a subsidiaria de Microsoft dedicada á publicidade no móbil.
