Movistar lanza unha tarifa especial para clientes prepago de Blackberry
venres, 30 de setembro do 2011
A operadora de telefonÃa Movistar vén de sumarse á moda de inventar tarifas especÃficas para públicos obxectivos moi concretos, e acaba de lanzar para os seus clientes de prepago que usan BlackBerry, a Tarifa Internet 15, que entra en vigor a partir de mañá, 1 de outubro.
Con esta promoción, os clientes que reúnan as devanditas caracterÃsticas poderán gozar de Internet e do servizo BlackBerry ilimitado por 15 euros ao mes (17,70 euros IVE incluÃdo), aproveitando asà tódalas vantaxes que ofrece a Rede no móbil.
Ademais do servizo BlackBerry, os clientes da compañÃa poderán gozar de 200 MB de velocidade para empregar servizos de Internet máis complexos que a simple consulta do correo ou de webs, como o stremaing de vÃdeo ou o uso do dispositivo como módem para conectar un portátil a Internet.
Unha vez superados os 200 MB, Movistar aplicará unha tarifa de 1,9 euros diarios (2,24 co IVE).
Para darse de alta na Tarifa Internet 15, os clientes poden optar por chamar ao 1004 ou enviar un SMS coa palabra ALTA ao 223040. Nese momento a tarifa quedará activada durante 15 dÃas e renovarase automaticamente por outros 30 sempre que o cliente dispoña de saldo suficiente na súa tarxeta prepago.
Movistar lanza esta nova tarifa asociada a un Pack de prepago, que inclúe o smartphone BlackBerry Curve 8520 por 129 euros, porén poden darse de alta na oferta tódolos usuarios de prepago que o desexen, sexa cal sexa o seu modelo de celular.
Isto favorece que os clientes de prepago teñan as mesmas oportunidades que os de contrato no tocante ao uso de Internet no móbil.
