MuxÃa fai un chamamento ós voluntarios do Prestige a través da Rede
luns, 26 de novembro do 2007
Xa pasaron cinco anos, mais MuxÃa non esquece. Non esquece o desastre ecolóxico que causou o Prestige aquela triste xornada na que se tinguiu de negro a costa e a alma dos muxiáns e, por suposto, tampouco esquece ós miles de voluntarios que se achegaron a loitar contra a manto de chapapote que asolagou as praias e sen compaixón, traendo un fÃo de esperanza ós habitantes da zona cero.
O Concello de MuxÃa fai de novo un chamamento a todos os voluntarios que axudaron a limpar a vila (que foron máis de 70.000) para agradecerlles dun xeito moi peculiar a súa desinteresada achega de vontade e traballo cunha merecida homenaxe.
A campaña informativa deu comezo e nos primeiros dÃas, xa foron avisadas 15.000 persoas por carta, por teléfono ou a través do boca a boca. Pero non abonda e, sabedores de que Internet é o medio de comunicación de masas por excelencia na actualidade, os organizadores decidiron continuar cos labores de pescuda a través do correo electrónico e das páxinas web (www.prestigemuxia.org e www.concellomuxia.com), facendo un chamamento mundial para que todos os voluntarios saiban do acto conmemorativo no quinto aniversario do afundimento do petroleiro e da chegada da marea branca.
O obxectivo da devandita campaña é chegar a tódolos recunchos para que os que anos atrás estiveron na vila da Costa da Morte axudando a recuperar as praias, volvan de novo para seren recordados permanentemente polo seu labor.
Entre as actividades do programa que o Concello de MuxÃa vai levar a cabo ó longo das xornadas recordatorias do 7 e o 8 de decembro, destacan a inauguración da praza o CoÃdo do Voluntario, a apertura dunha Sala Exposición do Voluntario e o desenvolvemento de distintos actos conmemorativos do suceso.
