Nova tarifa de datos móbil para PC e tablets de Vodafone
martes, 15 de marzo do 2011
As
tarifas de datos móbiles máis económicas de Vodafone para navegar dende o
ordenador ou dispositivos tipo tablet renóvanse, de xeito que a anterior Navega Mini vese substituÃda pola Internet
Contigo 15, de xeito que os clientes de contrato poden optar agora por
unha conexión de datos 3G cunha velocidade de 7,2 Mbps para os primeiros 500
Mbytes de transferencia ao mes que baixan a 128 Kbps tras superar o lÃmite
mencionado por só 15 euros/mes (9,5 euros/mes os 6 primeiros meses de contratar
o servizo antes de finalizar maio).
Esta nova conexión inclúe a posibilidade de mercar o dispositivo Mobile
WiFi R201 por só 9 euros (se adquirimos un compromiso de permanencia de 18
meses), que pode empregarse como modem 3G por USB ou como router Wi-Fi para
manter a conexión de ata 5 equipos e que integra unha baterÃa que permÃtelle
funcionar sen conectar a corrente durante ata 4 horas.
