O Centro de Dinamización de Boiro remata xaneiro con 73 novos usuarios e usuarias
martes, 2 de febreiro do 2010
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou en
xaneiro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas novas
tecnoloxÃas en Boiro
e lonxe de ver un descenso na listaxe de asistentes respecto a 2009, o centro
rexistrou 73 novos usuarios e usuarias, que atopan na aula as ferramentas que
precisan para poder estar ao dÃa no tocante a Internet e ás TIC.
Asemade, o CDSI de Boiro impartiu en xaneiro un total de 7
obradoiros tecnolóxicos que se estenderon ao longo de 52 horas e a través dos cales
se formou a 69 persoas procedentes da localidade costeira e arredores.
O curso
máis impartido este mes foi Folla de
Cálculo, que dada a demanda de usuarios, tivo que repetirse ata en tres
ocasións. SeguÃronlle o obradoiro de Iniciación
á Informática, o de Iniciación á
Internet, o de Procesador de textos
Writer e o de MecanografÃa, no
que as persoas asistentes aprenderon a usar con máis soltura o teclado do
ordenador.
Boiro
tamén acolleu no mes pasado unha charla sobre as Novas tecnoloxÃas aplicadas á vida cotiá, na que as persoas
asistentes se informaron das vantaxes que ofrece a dÃa de hoxe ter uns
coñecementos básicos de informática e Internet para desenvolverse no seu dÃa a
dÃa.
En total, as
instalacións da Rede de Dinamización en Boiro usáronse ata en 920 ocasións este
mes e desde que a aula botara a andar neste concello coruñés, alá polo 2007, foron
xa máis de 1500 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo
leváronse a cabo 153 obradoiros nos que se formou apreto de 1400 participantes.
AÃnda que os obradoiros son a principal actividade formativa que oferta a Rede,
tamen se levaron a cabo 9 iniciativas e algunha charla relacionada coas novas
tecnoloxÃas.
Agora, no mes
que estreamos, os dinamizadores desta aula xa están a traballar en novos
proxectos entre os que destaca un obradoiro sobre Procura
de Información en Internet, que se
desenvolverá dende hoxe ata o vindeiro dÃa 23 de febreiro.
