O FECYT quere estimular ó máximo a curiosidade dos novos pola ciencia e a robótica
xoves, 26 de abril do 2007
Espertar a curiosidade dos máis cativos non é unha tarefa nada sinxela nos tempos que corren. Este labor é moito máis duro cando se trata de facerlles entrar polo ollo as materias obrigatorias da escola, como as ciencias ou as linguas, que lles soen gustar menos cá menestra de verduras ou as espinacas ó vapor. A pesares do reto, que nun principio supón achegar a ciencia ós escolares, a Fundación Española de Ciencia e TecnoloxÃa (FECYT), asumiu o risco e vén de pór en funcionamento un obradoiro de divulgación cientÃfica pioneiro en España que tratará de facer saltar as faÃscas da curiosidade dos máis novos polo mundo da ciencia e da tecnoloxÃa.
O proxecto Descubre la Robótica, que ten como obxectivo espertar o interese dos nenos por estas disciplinas, vai destinado ós escolares de primaria de seis comunidades autónomas (na web, non atopamos datos sobre cales son esas seis privilexiadas), os cales, a través dun obradoiro, constrúen, preparan e poñen en marcha nin máis nin menos que distintos tipos de robots.
Este traballo comezou xa o pasado 12 de abril na feira Madrid es ciencia e vaise levar a cabo de xeito itinerante por toda España ó longo do vindeiro curso escolar 2007-2008, a fin de que os escolares se acheguen á ciencia dun xeito atractivo e a modo de xogo.
A metodoloxÃa do obradoiro está avaliada pola experiencia positiva que a súa posta en funcionamento obtivo noutros paÃses, e en España levaranse a cabo en máis de 600 escolas. Nelas, os alumnos teñen que participar nunha misión que se lles asigna por medio dun robot programado por eles previamente, como salvar a vida dun ferido ou responder a unha alerta de ataque ó corazón.
Para participar nestes obradoiros os centros deben encher a solicitude que aparece na páxina web do proxecto. Posteriormente, no caso de seren escollidos polo FECYT, recibirán a visita do equipo de coordinación co fin de afondar nos detalles da actividade e coordinar os aspectos educativos e loxÃsticos para que a experiencia sexa un éxito para todos.
