O último Modern Combat eleva o listón dos FPS para dispositivos móbiles
xoves, 24 de xullo do 2014
Gameloft leva un tempo comercializando xogos da saga Modern Combat cos que pretende demostrar
que os shooters en primeira persoa
poden ter certa calidade en dispositivos móbiles, e coa última entrega, Modern
Combat 5: Blackout parecen progresar adecuadamente, ofrecendo acción
frenética e unha aparencia espectacular en versións para
iOS, para
Android (á venda cada unha por 5,99 euros), para
Windows Phone e para
Windows 8 (á venda estas últimas dúas versións de xeito conxunto por 6,99
euros), e fuxindo da tendencia actual do free-to-play
para optar por ofrecer o xogo a un prezo moderado en vez de vendelo de balde
para bombardear ao usuario con micro-pagamentos.
Modern Combat 5: Blackout é un
intenso FPS no que poderemos xogar tanto a unha campaña individual con
numerosas misións aderezadas con escenas cinemáticas coidadas, un modo
multi-xogador de grande potencial (con combates por equipos en partidas Pelotón
contra Pelotón, chat global e de pelotón, clasificacións individuais e de
pelotón e eventos de tempo limitado para gañar recompensas), progreso unificado
e controis altamente personalizables. Poderemos elixir entre 4 clases
personalizables (soldado, artilleiro, rastrexador e francotirador) e activar
habilidades especÃficas de clase gañendo e utilizando puntos de habilidade.

- No xogo podemos elixir entre 4 clases diferentes
