O uso pleno da rede de fibra de Telefónica polos seus competidores poderÃa adiarse ata 2018
xoves, 4 de agosto do 2016
A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia vén de dar
conta da apertura da Consulta
Pública NEBA Local, ou sexa, unha consulta pública sobre o procedemento
relativo á aprobación da oferta de referencia do servizo maiorista de Novo
servizo Ethernet de Banda Ancha (NEBA) local que manterase aberto durante 2
meses, o que supón que os trámites para a regulación que permitirá que os
competidores de Telefónica teñan acceso á fibra óptica da compañÃa en zonas nas
que non haxa suficiente competencia (que no caso de Galicia só deixarÃa fóra a
cidade de Vigo).
A Comisión só quere establecer obrigas a Telefónica onde considera que non hai
competencia dabondo, pero o feito de que a consulta pública aÃnda comece agora
fará que tarde bastante en entrar en vigor a normativa que terá que notificarse
á Comisión Europea e aprobarse pola CNMC, para despois desenvolverse nuns 12
meses, de xeito que poderÃa non entrar en vigor ata 2018, perÃodo no que
Movistar manterá unha posición privilexiada no sector da fibra óptica,
situación que en boa medida está a propiciar o espallamento das redes de fibra
óptica en España.
Queda agora por ver se esta demora administrativa vai afogar aos operadores
máis cativos, por non poder competir cos grandes ou, pola contra, instarán a unha
aceleración da implantación das redes de fibra óptica alternativas a
Telefónica, o que poderÃa beneficiar enormemente aos consumidores, por
favorecer unha competencia real e non forzada polos reguladores.
