O xogo de Spectrum Vega Solaris ve a luz en formato físico

luns, 16 de setembro do 2013 Marcus Fernández

A edición española da revista RetroGamer está a recompilar os seus primeiros 2 números dun xeito moi especial: ofrecéndose vía web por 20,50 euros (aos que habería que sumar 4,45 euros de gastos de envío) xunto co xogo para ZX Spectrum Vega Solaris, título inédito de Dinamic, que ve deste curioso xeito a luz en formato físico, algo que dificilmente agardarían os afortunados posuidores dun Spectrum aínda operativo.
Os coleccionistas poderán gozar así dunha excelente recreación dunha edición en cinta dun xogo de Dinamic grazas ao traballo de Matra, no que poderiamos definir como un falso xogo retro que reforza o valor nostálxico no que se basea a revista RetroGamer editada en España por Axel Springer.