Orange devolve preto de 11.000 euros que lle cobrara a un cliente por conectarse a Internet
martes, 4 de agosto do 2009
Logo dunha reclamación interposta
por FACUA-Consumidores en Acción, ao operador de
telecomunicacións Orange, esta compañía vén de devolverlle a un
usuario preto de 11.000 euros que lle cobrara por conexións a Internet
efectuadas dende Andorra.
O
afectado, que tiña contratada unha tarifa plana de acceso a Internet móbil, non
fora informado pola compañía sobre as elevadas tarifas de datos que aplica en roaming, nin de xeito contractual nin
verbal, polo que dou por feito que a tarifa plana se aplicaba tanto dentro de
España como no estranxeiro.
Lonxe de
ser así, no pasado mes de xaneiro, o afectado recibíu unha factura de Orange
que incluía 10.983,94 euros en concepto de
“consumo en servizo de datos/Internet”, polos pouco máis de 7 Xigas que
consumira durante unha viaxe a Andorra.
Porén o
sorprendente deste asunto, non foi que Facua conseguira que a operadora
devolvera o importe da factura, algo que consegue en repetidas ocasións ao
longo do ano, senón que o afectado pagou a enorme cantidade facturada, xa que
gañara un coche nun sorteo de Orange e a condición para que llo entregasen era
estar ao corrente dos seus recibos.
Ante a negativa da compañía a
cancelarlle a débeda e o temor a perder o premio, segundo apuntan dende a
compañía, “o usuario aboou a totalidade
da factura e asociouse a FACUA para que actuase en
defensa dos seus dereitos”. A actuación da asociación provocou que Orange reducise en case un 99% a cantidade facturada.
Consumidores en acción advirte na súa web que ao non incluír información sobre as tarifas
de roaming no seu contrato nin ter remitido ao
usuario datos sobre estas, “o operador
vulnerou o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e
Usuarios (aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro),
que establece no seu apartado 2.b que en toda información ao consumidor sobre o
prezo dos bens ou servizos, incluída a publicidade, se informará do prezo final
completo, analizando, no seu caso, o importe dos incrementos ou descontos que
sexan de aplicación, dos gastos que se repercutan ao consumidor e usuario e dos
gastos adicionais por servizos accesorios".
Asemade, a compañía tamén incumpriu o
artigo 105 do Real Decreto 424/2005, do 15 de abril, polo que se aproba o
Regulamento sobre as condicións para a prestación de servizos de comunicacións
electrónicas, o servizo universal e a protección dos usuarios.
