Orange lanza a nova tarifa 4 horas+4 que compite coa de Vodafone para empresas
xoves, 19 de febreiro do 2009
A comezos deste mes de febreiro, Orange anunciaba
unha subida das súas tarifas para autónomos e empresas que entraría en
vigor a partir do vindeiro 1 de marzo e que influía tanto para os novos
clientes como para os que xa tiñan contrato coa operadora.
Agora, incluso antes de que a modificación das tarifas
comezara a aplicarse, Orange ataca de novo e desta volta anuncia que, tamén
para marzo, lanzará a nova tarifa de autónomos/empresa 4 horas+4, destinada a facerlle fronte ao Plan 5 horas de Vodafone.
Trátase dun concepto similar ao actual 4 horas+ocio (que seguirá vixente) pero que inclúe unha cota
mensual de 30 euros/liña, para chamar de balde a calquera destino ao longo de 8
horas diarias de luns a venres; estas poderán ser consecutivas ou repartidas en
dúas franxas de 4 horas cada unha.
As chamadas durante as fins de semana, e as que non entren
no consumo gratuíto, terán un custo de 12 céntimos por minuto (máis 15 céntimos
polo establecemento da chamada) e deberán cubrir un consumo mínimo non
compartido de 12 euros por liña, adicionais á cota mensual.
Na web Xataca.com,
non tardaron nada en facerse eco da nova e no artigo inclúen, ademais da
información detallada, “o mellor e o peor”
desta nova tarifa anunciada por Orange, destacando a vantaxe de poder incluir a
opción de contratar chamadas internas de balde e a desvantaxe de poñerlle
límites tanto aos minutos como ao número de
destinos distintos.
