Os Chromecasts a partir de 2015 continúan a recibir soporte de Google

venres, 22 de maio do 2026 Marcus Fernández

Nos últimos días non foron poucos os usuarios de dispositivos Chromecast de primeira xeración (lanzados en 2013) que daban conta de problemas de funcionamento dos seus trebellos, que deixaban de operar con algunhas aplicacións en concreto, insinuando que Google podería telos matado e incluso estaría a comezar a facer o mesmo coa segunda xeración dos Chromecasts.
Se ben está confirmado que o Chromecast orixinal xa non recibe actualizacións críticas (prometeran soporte ata 2018 e estendérono moitos anos máis), no caso da segunda xeración, lanzada en 2015 con soporte mínimo ata 2020 aínda segue a recibir actualizacións de Google, polo que os rumores de que a meirande parte dos vellos Chromecasts poderían pasar a converterse en trebellos inútiles eran esaxerados.
As informacións que apuntaban á despedida destes accesorios tan prácticos eran consecuencia dunha falla de actualización dunha das páxinas de axuda de Google, nas que aseguraban que dende o Chromecast de segunda xeración (2015) ata o primeiro Chromecast con Google TV (2020) deixaban de recibir actualizacións críticas, pero finalmente a compañía de Cupertino actualización a información sobre actualizacións, e o único Chromecast que quedou realmente sen soporte foi o lanzado en 2013.
Temos así que Google está a actualizar os seus produtos de casting de audio e vídeo moito máis aló dos 5 anos prometidos inicialmente, superando a década de actualizacións críticas, algo moi pouco frecuente na industria e moi especialmente se falamos de produtos con prezo moi axustado.