Os primeiros Youtube Video Awards recoñecerán as mellores gravacións caseiras de 2006
martes, 20 de marzo do 2007
A coñecida plataforma de vÃdeos na rede YouTube volve a ser nova de portada nos principais xornais dixitais e de novas tecnoloxÃas (semellantes a este) do mundo, pero desta volta, non por ser vÃtima doutra denuncia interposta por algunha canle de televisión ou artista fóra de si pola carraxe (que por certo, leva unhas cantas). Nesta ocasión, a web é nova por convocar os primeiros YouTube Video Awards, uns premios que distinguirán ós mellores vÃdeos caseiros de 2006. Os galardóns outorgaranse en nove categorÃas, entre as que cómpre salientar: o vÃdeo máis creativo, o máis inspirador, a mellor serie, a mellor comedia, o músico do ano, o mellor comentario ou mesmo o vÃdeo máis benquerido de tódolos tempos. E como non podÃa ser doutro xeito, será a comunidade internauta a encargada de escoller ós gañadores, que se darán a coñecer o vindeiro 25 de marzo.
Entre os nomeados atópanse os vÃdeos máis comentados e criticados polos usuarios de YouTube ó longo de 2006, aqueles que levantaron polémicas e tamén aqueles que lle arrincaron un sorriso mesmo ó individuo máis serio de toda a comunidade virtual.
