Piden ata 6 anos de cadea para o creador de Rojadirecta
martes, 25 de xaneiro do 2022
O contencioso entre LaLiga, Mediapro e o creador da páxina
web galega Rojadirecta chega á Audiencia Provincial da Coruña, despois de que o
Xulgado de Instrución nº 1 da Coruña dese por concluÃda a instrución e ordenase
a apertura
de xuÃzo oral contra o administrador de Rojadirecta, a súa sociedade Puerto
80 Projects e outros 5 acusados polos beneficios obtidos pola actividade da web
que facilitaba ligazóns para acceder a retransmisións deportivas a través da
Internet.
A fiscalÃa solicita 4 anos de cadea para o creador de Rojadirecta, Igor Seoane,
e penas de entre 2 anos e 3 meses para os seus colaboradores, asà como o
cesamento da actividade de Rojadirecta, mentres que LaLiga e Mediapro solicitan
unha pena de 6 anos de cadea para Seoane e unha multa de seis millóns de euros.
A maxistrada encargada da instrución estableceu unha fianza de 4 millóns de
euros para Seoane e Puerto 80 Projects
para facer fronte a posibles responsabilidades derivadas da súa actividade
ilÃcita.
O proceso xudicial comezou en 2015, cando DTS denunciou a Igor Seoane e a súa
empresa, con LaLiga e Mediapro como prexudicados, o que levou a que en 2016 se
detivese a Seoane e bloqueasen as súas contas mentres finalizaban as dilixencias.
