R mostrará nunha xornada como aplicar a IA de forma práctica na nosa empresa
mércores, 20 de maio do 2026
O Club Empresarial Nordés vai acoller este mes de xuño a xornada Como aplicar a IA de forma práctica na túa empresa. Será o venres 12 de xuño, ao mediodía, en horario de 12.30 a 13.30 horas, e está organizada pola operadora galega R, que contextualiza a sesión na necesidade das empresas de clarificar conceptos en materia de IA: “A intelixencia artificial está na fala da xente, pero moitas empresas comparten a mesma dúbida: por onde empezar e que ten realmente sentido aplicar hoxe”, explican dende R.
No encontro de Nordés Club Empresarial, daranse resposta a este tipo de preguntas, aclararanse dúbidas e explicarase de xeito práctico como aplicar a IA na empresa de forma útil e realista. Amais, analizarase como a IA xa pode incorporarse á operativa diaria das empresas para mellorar a produtividade, automatizar procesos e apoiar a toma de decisións: IA para produtividade interna (exemplos sinxelos de como apoiar o traballo dos equipos, aforrar tempo e gañar eficiencia), automatización de procesos (que tarefas poden automatizarse hoxe con sentido práctico e sen grandes proxectos) e implantación sinxela de axentes de IA (sen necesidade de programar, nin coñecementos tecnolóxicos previos, como utilizar axentes de IA que están previamente configurados para calquera tipo de tarefa na empresa).
Programa de actividades
12:30 h: Benvida.
Alfredo Ramos, director R e director territorial en MasOrange.
12:35 h: Como aplicar a IA de forma práctica na túa empresa.
Alberto Díaz, responsable de produto IA & Data R e Orange Empresas.
13:25 h: Peche.
13:30 h: Viño networking.
