ShinyTweet facilita o uso de Twitter no iPad
xoves, 13 de maio do 2010
Se en algo destaca Twitter é nas facilitades que ten para o seu acceso
dende o móbil, especialmente dende o iPhone, plataforma para a que temos
diversidade de aplicacións que facilitan o uso deste sistema de microblogging (e, en breve, unha
aplicación oficial de balde baseada en Tweetie 2), pero cando saltamos ao iPad
a situación é ben diferente, e as ferramentas aÃnda non están optimizadas para
o maior tamaño de pantalla, o que solucionou
con bastante fortuna ShinyTweet, unha nova aplicación que pode mercarse
na App Store por 2,99 euros e opta por distribuÃr a información en paneis
horizontais con bastante acerto.
ShinyTweet conta cunha interface baseada
en columnas reorganizables, soporta múltiples contas, buscas, temas, mensaxes
directos e favoritos, permite almacenar tuiteos
na súa caché, acepta retuiteos (tanto
no formato estándar coma no da vella
escola), integra acortadores de enderezos web (bit.ly) e moitas outras
caracterÃsticas que irá mellorando en versións sucesivas, como unha mellora na
súa estabilidade (actualmente presenta serios problemas con linguas distintas
do inglés), soportará tuiteos
xeolocalizados e outros cambios que permitirán un uso máis completo desta
interesante ferramenta que demostra as bondades de que certas plataformas web
gocen de API abertas.
Demostración do funcionamento de ShinyTweet no iPad
