Springsteen vende o seu novo single pola Rede

luns, 1 de decembro do 2008 Raquel Noya

O último single de Bruce Springsteen, Working on a dream, que o artista interpretou nas actuacións que ofreceu en apoio de Barack Obama durante a campaña presidencial norteamericana, poderá adquirirse ata o vindeiro día 9 de decembro nas tendas de descargas dixitais de Apple, iTunnes.
O tema (Traballando nun soño) dálle nome ao álbum número 24 do Boss que verá a luz o vindeiro 27 de xaneiro. O último traballo de Springsteen está formado por doce cancións compostas por el mesmo e gravadas xunto ao seu grupo, a E Street Band, que se completa cun corte adicional, The wrestler.
Springsteen e a súa banda gravaron Working on a dream durante as pausas da xira mundial de Magi, coa que percorreron durante o último ano os escenarios de todo o mundo, e que os levou o pasado verán a San Sebastián, Madrid e Barcelona.