Starlink poderÃa ter máis de medio millón de usuarios en España
luns, 16 de febreiro do 2026
A plataforma de acceso á Internet a través de satélites de baixa altura de SpaceX, Starlink, está a celebrar a superación da barreira dos 10 millóns de clientes activos repartidos en 160 paÃses.
Estamos ante unha celebración meramente anecdótica, pola superación dun número de usuarios simbólico, xa que o crecemento de usuarios de Starlink leva todo un ano medrando a un ritmo frenético, de xeito que ao longo de 2025 conseguiu dobrar o número de clientes activos, confirmando a elevada demanda que ten esta vÃa de comunicación pensada para territorios onde a banda larga fixa e móbil non está dispoñible.
AÃnda que non temos datos oficiais sobre o número de usuarios activos en España, pese a que no noso territorio a banda larga móbiles está moi espallada, as estimacións de APNIC situarÃan a Starlink como o 9º operador de España, con 524.863 usuarios (o 1,24 % dos usuarios de España). Todo un logro para un servizo que chegou ao territorio español a primeiros de 2022.

- Starlink é unha solución de conectividade para onde non están dispoñibles a banda larga móbil nin a fixa
