Taaz.com, unha ferramenta para xogarmos a ser perruqueiros
xoves, 27 de marzo do 2008
Agora que se leva tanto o cambio de look continuo por aquilo de renovarse ou morrer, as persoas menos atrevidas levan as de perder á hora de ir á moda, xa que o medo a un cambio moi radical que non lles acaia ben fan que se manteñan coa mesma fasquÃa que levan dende os anos de instituto (aÃnda que nalgúns casos, con menos pelo).
Se ben é certo que as mulleres témolo máis doado para cambiar de presenza, dende a posta en marcha de ferramentas web como Taaz, esta tarefa vai ser (se cadra) máis sinxela do que nunca imaxinamos, pois permÃtenos comparar como nos quedará un peiteado, maquillaxe, cor de pelo, beizos e ollos e sen ter que pasar pola perruquerÃa e enfrontarnos a unha traumática experiencia que nos pode marcar de por vida se o resultado non é o agardado.
Como dixemos, a páxina deixa marxe para probar distintos tipos de cor, de lonxitude e de corte de pelo, de maquillaxe, de cor de beizos, de sombras de ollos, de colorete e incluso de lentillas e branqueado de dentes.
Asemade, por se nos gustan os resultados (cousa que a que escribe non pode dicir, como ben se pode comprobar na imaxe) a web inclúe -nalgúns casos- a marca e a referencia do produto que se está a empregar en cada caso e co fin de que logo poidamos adquirilos na nosa tenda de cosméticos.
Taaz tamén permite imprimir o resultado e comparalo coa imaxe orixinal para comprobar que efectivamente a novidade nos acae ben como pensabamos ou polo contrario é preciso recuar para asegurar a nosa integridade mental (e evitar brincadeiras á nosa conta).
A web semella que é só para mulleres, pero visto o visto nos comentarios deixados polos usuarios de Pixelydixel.com, o sitio onde atopamos esta peculiar ferramenta, non tardará en aparecer algo semellante para homes, que reclaman fervorosamente unha web para eles.
Ata entón, os interesados podedes probar coas fotos de mostra ou coa dalgunha ex moza, pois un bo anaco divertido esta máis que asegurado.
