Telefónica amplía a velocidade da súa rede de banda larga móbil na nosa terra
martes, 13 de setembro do 2011
Telefónica vén de someter a unha
serie de melloras a súa oferta de rede banda larga móbil na nosa terra. Segundo
apunta a operadora, xa comezou a activar a súa rede de 900 Mhz, o que permitirá,
sinala, “ampliar a cobertura de banda
larga móbil, aumentar a velocidade de transmisión e mellorar o sinal no rural e
no interior de edificios”. O emprego
da devandita frecuencia, engade, “é
consecuencia da reorganización e a liberalización de frecuencias iniciada en
abril deste ano en España, e de xeito simultáneo a compañía aumentou ata 42
mgb, o dobre do existente, a velocidade dispoñible en cidades como Vigo, Santiago
e A Coruña”.
Isto lévase a cabo
logo de ter rematado a primeira fase do despregue da tecnoloxía dual cell, a xuízo da compañía a máis
avanzada en telecomunicacións móbiles. Lembrar que a frecuencia 900 prendeuse a
comezos de setembro en 220 estacións do noso país. As súas condicións, engade
Telefónica, poñen en xogo “unhas condicións
óptimas de espallamento e alcance para a telefonía móbil, de xeito que os
usuarios de Movistar experimentarán dende este mes melloras notables en canto a
cobertura, calidade e velocidade dos servizos”.
