Telefónica informa de que xa están amañadas as liñas de Pedrafita
venres, 4 de febreiro do 2011
Segundo informa Telefónica, os problemas de
subministro no servizo de telefonía móbil e fixa denunciados estes días polos
veciños de Pedrafita, xa
están arestora amañados, polo que “toda
a veciñanza dispón xa de comunicación”, sinala a compañía. Así se reflicte
en El Progreso, que deu
conta dunha carencia de liña e cobertura máis ou menos xeneralizada no
concello que se estendeu no tempo arredor dunha semana.
Polo que di a operadora de telecomunicacións,
os problemas viron dados por un mal funcionamento dunha das estacións que
favorecen o servizo de liñas fixas e móbiles, circunstancia que non puído ser
arranxada por mor do xeo que cubría os accesos, ao igual que os propios
aparellos da estación.
Estas avarías afectaron sobre todo ás
parroquias de Veiga de Forcas e Zanfoga, pero tamén limitaron a calidade do
servizo noutras zonas, onde xa decote se dan carencias importantes de
cobertura.
