Unha promoción facilita a descarga de balde de Tetris para iPhone
luns, 17 de febreiro do 2014
Os usuarios de iPhone que queiran gozar do xogo oficial de
Tetris publicado por Electronic Arts no seu dispositivo sen ter que pagar
os 0,89 euros que custa habitualmente poderán descargalo de balde ata o
vindeiro 7 de abril grazas a unha promoción de Apple na aplicación
das súas tendas oficiais, na que estes dÃas aparece unha sección no seu
menú principal chamada Un reto para ti
na que figura esta oferta que cun simple clic tradúcese nun código para poder
descargar o clásico xogo deseñado por Alexey Pajitnov.
Cómpre destacar que esta promoción afecta só á versión para iPhone e iPod Touch
do xogo, que aÃnda que pode correr sen problema nun iPad, non é a versión do
xogo optimizada para tablets.
