WD crea o disco duro de maior densidade ata o momento
venres, 19 de outubro do 2007
A empresa Western Digital Corp. vén de anunciar que acadou a densidade de área de 520 Xb/in2, a maior densidade conseguida na industria dos discos duros ata o momento nun só dispositivo. A compañía revelou o logro esta semana na Perpendicular Magnetic Recording Conference de Tokio, logo dunha demostración previa en California.
Grazas á inversión tecnolóxica realizada por WD ó longo dos últimos 5 anos, a compañía conseguiu acadar os 520 XB/in2 empregando a súa propia tecnoloxía de magnetorresistencia de túnel de gravación magnética perpendicular (PMR) (TuMR). Este nivel de densidade produce discos de 3,5 polgadas capaces de almacenar ata 640 XB por plato, acadando deste xeito capacidades de ata 3 TB nun só disco duro.
Baseados na actual tasa de crecemento da densidade de disco da industria, de máis dun 40 por cento anual, agárdase que estas capacidades estean disponibles para o 2010.
Segundo os responsables de WD, “as principais empresas de discos duros están ofrecendo capacidades máximas de 200 Xb/in2, como o disco de 2,5 polgadas para portátiles e unidades móbiles WD Scorpio de 250 XB que comezou a comercializarse no pasado mes de maio”.
Este dispositivo de grande capacidade foi creado, a comezos deste mes, nos laboratorios Magnetic Head Operation que WD ten en Fremont, Californiaonde empregaron o seu propio lector MgO, mostrando a prolongación das xeneracións PMR-TuMR head Technology no futuro.
