empresas
Telefónica encarga a Huawei a instalación da súa rede virtual EPC nunha ducia de países
Telefónica daba a coñecer hoxe a súa aposta por Huawei de cara a cooperar co provedor de solucións de Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) en contornas virtualizadas. Emporiso, as dúas compañías traballan nunha rede a gran escala de vEPC (virtual Evolved Packet Core), o corazón de paquetes das redes LTE virtualizado, un marco para prover voz e datos (...)
Ler máisO CPEIG concede a ABANCA o Premio Iniciativa Empresarial
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) tamén fixo pública estes días a identidade da entidade que vai ser recoñecida co Premio Iniciativa Empresarial, que entregará o Colexio no marco da novena Noite da Enxeñaría en Informática que se celebra o vindeiro 16 de xuño en Santiago. O devandito galardón, informou o CPEIG, irá dar este ano a (...)
Ler máisVitae móstranos como ser os mellores líderes e compañeiros de equipos TI
Vitae Consultores, a través da súa aula virtual, vai organizar nesta recta final do inverno unha actividade de gran interese para aprendermos a sacar o mellor de nós mesmos como profesionais, como compañeiros e como líderes no noso grupo de traballo empresarial. Trátase da cuarta edición do curso Liderado e xestión de equipos en proxectos TI áxiles, unha (...)
Ler máisTodo sobre as Power Apps de Microsoft, nun novo curso de Vitae este mes de xuño
Vitae Consultores, consultora galega especializada no ámbito tecnolóxico, vai organizar este mes de xuño unha actividade formativa que nos converterá en expertas/os nas novas ferramentas avanzadas de Microsoft. O curso Dominando Microsoft Power Apps, de 12 horas de duración, levarase a cabo os días 18, 20, 25 e 27 de xuño de 2024. O miolo da actividade será (...)
Ler máisEn febreiro chega a 3ª edición do curso de Vitae sobre Microsoft Copilot para M365
Ao abeiro do seu continuo labor formativo para profesionais tecnolóxicos de toda España, a consultora galega Vitae vai ofrecer en febreiro unha nova edición (a terceira) do seu curso Dominando Microsoft Copilot para M365, unha oportunidade para que os profesionais actualicen os seus coñecementos sobre unha ferramenta (Microsoft Copilot) que é xa un (...)
Ler máisAltia pon en marcha unha iniciativa para promover a sustentabilidade e universalidade TIC: Punto.tech
A empresa galega Altia, a través do seu equipo solidario e responsábel Altia in_action puxo en marcha un proxecto para crear “impacto positivo na sociedade a través da tecnoloxía”. Trátase de Punto.tech, que xorde directamente da posibilidade de dar unha segunda vida aos equipos informáticos que foron substituídos dentro do proceso de renovación tecnolóxica dos (...)
Ler máisR só ofrecerá 4G aos clientes que máis paguen
Dende comezos de ano sábese que o operador de telecomunicacións R vai abandonar a rede móbil de Vodafone para funcionar con Orange, decisión que estaría motivada principalmente ante a negativa de Vodafone a achegar conectividade 4G aos clientes móbiles de R, e este cambio de cobertura parece estar a iniciarse estes días se atendemos ás tarifas que figuran na (...)
Ler máisCONGALSA rematou 2021 incrementando facturación, persoal e transformación tecnolóxica
A empresa de alimentación e produtos do mar CONGALSA, con sede na Pobra do Caramiñal, comezou 2022 facendo balance dos fitos acadados pola súa actividade no exercicio anterior, poñendo o foco en parámetros como a facturación conseguida, que foi, contabilizando os resultados da planta portuguesa Sulpasteis, de 113 millóns de euros, o que representa un 13% máis (...)
Ler máisVitae formou 35.000 persoas e entrevistou a 14.000 ao longo dos seus 18 anos de traxectoria
A consultora tecnolóxica Vitae está estes días de celebración, conmemorando os seus 18 anos de actividade achegando formación avanzada ás empresas e aos profesionais dos sectores innovadores galegos e estatais. Co obxectivo de festexalo, a consultora elaborou un vídeo que xa podemos reproducir na Rede e no que se fai un resumo dos principais fitos acadados ao (...)
Ler máisRedegal, premiada con tres indicadores Ardán
A empresa tecnolóxica Redegal atópase entre as mellores posicionadas nos diferentes parámetros tidos en conta polo Informe Ardán, a referencial investigación económica e de competitividade actualizada cada ano polo Consorcio da Zona Franca de Vigo. O informe, un xeito básico de coñecer os nomes das empresas máis rendíbeis, puxantes e innovadoras da nosa terra, (...)
Ler máis0 | ... | 530 | 540 | 550 | 560 | 570 | 580 | 590 | 600 | 610 | ... | 880
