empresas
Os organizadores do Pantín Classic buscaron no MWC Barcelona tecnoloxía que aplicar ao surf
O Club Praia de Pantín, coordinadores dos eventos da World Surf League en España e organizadores do Campionato do Mundo de Surf máis importante de España formou parte da expedición de Intermax Technology ao MWC Barcelona na procura de desenvolvementos tecnolóxicos que poidan ter encaixe nos seus (...)
Ler máisA rede de Vodafone rexistrou un incremento do 18,54% no uso de datos móbiles en Noiteboa e Nadal
A operadora Vodafone fixo balance do uso da súa rede nestes días de Nadal, nas que rexistrou importantes incrementos en datos e voz os días 24 e 25 de decembro respecto das mesmas datas do ano anterior. O incremento en cuestión chegou a un pico do 18,54% en Noiteboa e Nadal en materia de datos móbiles. A hora con máis actividade na rede foi as 16.00 horas, (...)
Ler máisAtlanTTic e Balidea buscan voces en galego para ensinar á tecnoloxía a entender e falar na nosa lingua
Adestrar os algoritmos de Intelixencia Artificial que usan os axentes conversacionais por voz a través de gravacións de voces (datasets) de persoas falando galego, co obxectivo último de que as tecnoloxías entendan e se comuniquen na nosa lingua, é o gran obxectivo dun revolucionario proxecto desenvolvido por dúas investigadoras de AtlanTTic (Carmen García (...)
Ler máisEsta primavera Vitae achéganos á linguaxe DAX e a ferramenta interactiva Power BI
A linguaxe DAX (Data Analysis Expressions) está especialmente presente no ámbito actual da programación, e coñecer os seus segredos é fundamental para a creación de ferramentas e proxectos tecnolóxicos de toda índole. Trátase dunha escolma de códigos, funcións, constantes e expresións de fórmulas que se emprega en Analysis Services, Power BI e Power Pivot en Excel e (...)
Ler máisAs máis avanzadas solucións de Intelixencia Artificial para Microsoft, polo miúdo nun novo curso de Vitae
Vitae Consultores vén este outono cun completo programa formativo para converternos en mellores (e máis preparados) profesionais do ámbito das novas tecnoloxías e a innovación. Co foco posto nas ferramentas de meirande proxección futura, a consultora vai organizar en outubro o Curso Deseño e Implementación de Solucións de Intelixencia Artificial en contornas (...)
Ler máisA tecnolóxica Seresco candidata aos premios European Small & MidCap
Os premios European Small & Mid-Cap xa teñen candidaturas que foron presentadas pola Bolsa e Mercados Españois, máis coñecido como BME Growth, os elixidos foron: Seresco, Greening, Revenga Smart Solutions e Cox Energy. Engadir que con motivo da celebración do foro Medcap, Seresco, a tecnolóxica decana en España, que ten en Vigo unha das súas sedes (...)
Ler máisCONGALSA lanza web de novos produtos saudábeis para o consumidor dixital: Ibercookfunfood.com
A empresa de alimentación CONGALSA, con sede de operacións na Pobra do Caramiñal, encara esta recta final do verán con novidades relevantes ligadas á innovación e ás tecnoloxías. Así, logo de ser recoñecida por segundo ano consecutivo no Informe Ardán da Zona de Franca de Vigo (nas categorías de empresa xeradora de riqueza e empresa innovadora), a compañía de (...)
Ler máisAltia fornece de infraestrutura SAP HANA a Hijos de Rivera
A empresa galega Altia vén de proporcionar a Hijos de Rivera (Estrella Galicia) a infraestrutura en memoria SAP HANA. Co este fornecemento da consultora tecnolóxica iníciase na corporación cervexeira un proxecto de complexa transformación que, en palabras de Altia, “require non só coñecemento tecnolóxico senón tamén de negocio e de xestión de cambio”. A elección (...)
Ler máisA empresa TIC Dos Espacios, recoñecida coa distinción C+ polas súas medidas de conciliación
A empresa galega Dos Espacios Internet Consulting vén de ser recoñecida coa distinción C+ polas súas medidas de conciliación como Empresa Familiarmente Responsábel. O recoñecemento, en palabras da empresa de Vilagarcía, certifica a súa aposta firme por incrementar a calidade de vida das súas traballadores e traballadores como “estratexia cara ao éxito (...)
Ler máisOzona e o Grupo Euskaltel despregarán postos de teletraballo en modo cloud
O Grupo Euskaltel, do que forma parte da operadora R, e máis a firma tecnolóxica Ozona, con sede en Santiago, chegaron a un acordo para proporcionar, de xeito conxunto, contornas avanzadas de teletraballo, ou sexa, contornas en modo cloud que blinden a operatividade das empresas ante calquera incidencia (por exemplo unha pandemia como a que vivimos este (...)
Ler máis0 | ... | 570 | 580 | 590 | 600 | 610 | 620 | 630 | 640 | 650 | ... | 880
